godello

Variedade de uva branca de bagos ovados e moi saborosos, agrupados en acios moi pechos. / Variedade de viño branco elaborado con estas uvas.

Etimoloxía

Non se coñece a orixe desta voz.

Exemplos *

“Os solos de lousa, a axeitada mestura entre latitude e altitude, xunto co microclima da zona do Sil fan desta zona o lugar ideal para que o godello exprese toda a súa potencialidade.” (Marta Rodríguez: Galicia Hoxe 12-03-2007)

“Era unha noite de cans; no restaurante de Andrés estabamos el e mais eu, sós, sentados rente dunhas garrafas de godello.” (Ramón Caride Ogando: Escáncer)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.