goldría

Remuíño de auga que forma o mar entre as pedras arrastrando materia con escuma

Etimoloxía

Termo cuxa orixe resulta escura.

Exemplos *

“(...) e feroces xigantes semideuses deambulaban dun continente a outro, desde cando era a eclosión dos mares e dos montes e se formaban rías en revolta goldría.” (Bernadino Graña: Luz de novembro, 1997)

“Era aquel o canto que eu ouvira no mar, cando o Louise Labbé loitaba para non ser engulido polas goldrías e cando o capitán Keineg de Corson deu morto, coa miña axuda, ao torvo señor Morvan.” (Xosé Luís Méndez Ferrín: Bretaña Esmeraldina, 1987)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.