goleta

Embarcación lixeira a vela, de dous ou tres mastros e bordas de pouca altura

Etimoloxía

Procede do francés goéllete, literalmente ‘andoriña do mar’, derivado do bretón gwelan, ‘gaivota’.

Exemplos *

“Sobre todo cando a nosa goleta quedou na crista dunha onda xigantesca de máis de cincuenta pés de altura, coa proa e coa popa no aire ao mesmo tempo” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013).

“(...) Pois nin eu nin o meu socio temos intención de permitir que esta goleta marche vento en popa” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.