Premio maior da lotaría.
Etimoloxía
Aparece procedente do latín peninsular gurdus, –us que significaba 'obtuso', 'necio' ou 'pesado'.
Exemplos *
"A vella advertía que mirase ben o número, porque ese había ser o premio gordo da lotería de Nadal." (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros)
"As programacións de televisións, emisoras de radio e xornais tiñan que facer sitio para as panxoliñas, os anuncios de cava e agasallos, os menús das ceas de fin de ano dos famosos e a lotería do Gordo." (Xosé A. Neira Cruz: As cousas claras)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.