gorentoso, -a

Comida que gorenta ou gusta moito

Etimoloxía

Voz derivada por sufixación desde o verbo “gorentar” que, á súa vez, remite ao antigo guarir que bebe do xermánico *warjan ‘protexer’.

Exemplos *

“Sardiñas e churrasco triscan nas brasas espallando un recendo gorentoso aliñado de viños, cantos e risos. O balbordo medra e os máis animados botan a bailar.” (Xosé Alfredo Naz Fernández: A garza insomne, 2016)

“Podo garantir que esta preparación do bacallau fáiselle gorentosa mesmo a aqueles que non se poden achegar á cebola, pois a dozura do leite tíralle o acedume á cebola, contrasta co sabor salgado, equilibra o sabor do peixe e evita a chata monotonía.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.