gorgolexo

Ruído producido por un líquido ao ferver / Ruído producido ao aspirar o aire, cando se ten algunha afección nas vías respiratorias

Etimoloxía

Voz derivada que se relaciona co vocábulo do latín vulgar gurga(m) ‘gorxa’.

Exemplos *

“Preciso que me dea o aire. Paco asentiu. Desde o exterior chegoulles o gorgolexo da chuvia na ría. Ao lonxe, tras a cortina de auga, albiscábase o pazo dos Trillo.” (Antonio Manuel Fraga: A virxe das areas, 2017)

“O gorgolexo da auga destilada que filtraba o osíxeno e o asubío do aire que a máscara deixaba escapar polos lados afogaban o rumor da choiva. Leo Caldas atravesou o cuarto ata a fiestra.” (Domingo Villar: A praia dos afogados, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.