Cova onde se refuxian animais salvaxes
Etimoloxía
Palabra que se relaciona co verbo “gorir” que remite ao xermánico *warjan ‘protexer’.
Exemplos *
“O padre Serafín explicoume que algúns animais salvaxes como o teixugo, o raposo ou o gato montés utilizan o interior destas árbores como gorida, sobre todo aqueles que estaban máis protexidos e só se podía acceder a eles a partir da parte superior do tronco.” (Alberto Canal: Conexión Tubinga, 2008)
“Para eles, aínda que era terra firme, o lugar era inhóspito e gorida de animais salvaxes. Por este motivo, adoptaron as medidas necesarias antes de desembarcar. Así evitarían ser atacados por sorpresa e engulidos por calquera monstruosa besta que estivese axexando.” (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.