gorila

Mono antropomorfo da orde dos primates (Gorilla gorilla), moi forte e fero, de corpo robusto, pelaxe densa e negra cos brazos longos e musculosos e patas máis curtas, que habita na África ecuatorial.

Etimoloxía

Este termo procede do grego górillai, que era a designación que o navegante fenicio Hanón deu a unha tribo da África atlántica caracterizada por ter uns habitantes moi peludos, aos que lembran os simios que quedaron co seu nome.

Exemplos *

"O ritmo de exterminio de elefantes, gorilas, rinocerontes e xirafas é abraiante." (Nel Rodríguez Rial: O planeta ferido. Por unha razón ecolóxica)

"Copito de Nieve, o único gorila albino do mundo, permanece na súa gaiola no Zoo de Barcelona sen saír ó exterior para recuperarse da gripe que padeceu." (O Correo Galego 23-02-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.