gorro

Calquera sombreiro sen aba nin viseira, que se usa para cubrir a cabeza.

Etimoloxía

A orixe desta palabra non está clara e ofrécense distintas explicacións sobre a mesma.

Exemplos *

"… moito debeu de andar sen o gorro aló no deserto, e que o sol por causa diso requentoulle tanto os miolos que llos deixou amolecidos para sempre." (Manoel Riveiro Loureiro: O patrón)

"… ridículos gorros de tea de cores cunha pequena aba revirada que anuncian unha marca de pintura ou unha festa da empanada …" (Suso de Toro: Calzados Lola)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.