Estilo artístico que se estendeu por Europa na Idade Media, caracterizado, en arquitectura, polas altas columnas, as elevadas bóvedas cruzadas e os arcos oxivais, e, en pintura e escultura, pola progresiva desaparición das formas hieráticas do Románico
Etimoloxía
Palabra que vén do latín tardío Gothicus ‘relativo ao godos’.
Exemplos *
“Alí permaneceron uns momentos, en silencio, alleos ós esforzos que un día fixera Eugenio de Egas por concilia-las esencias dun gótico florido coas innovacións renacentistas.” (Carlos G. Reigosa: Crime de Compostela, 1984)
“Pero a máis bonita de todas segue sendo a Igrexa de Santa Ana, fronte ao famoso canellón Piliés, onde residira o coñecido poeta polaco Adam Mickiewicz. Obra do gótico tardío, construíuse con ladrillos de trinta e tres formas diferentes.” (Xulio Ríos: ¿Que foi daquel soño? 1992)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.