graduación

Acción de graduar ou graduarse

Etimoloxía

Vocábulo que chega desde o latín graduatio que significaba ‘clasificar por graos’.

Exemplos *

“Sospeito que estou condenado a quedar só coa miña graduación en delincuencia, un título da universidade da rúa ó que non me van deixar renunciar.” (Xavier López Rodríguez: Días de desterro, 1996)

“Como moitas familias galegas emigradas, María Cristina Iglesias solicitou á directiva de Irmandade Galega a cesión dun salón para celebrar a festa de graduación do bacharelato da súa filla de 16 anos.” (A.N.T.: A Nosa Terra, 12-9-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.