grafoloxía

Estudo da escritura dun texto para descubrir os trazos do carácter da persoa que o escribiu ou determinar a autenticidade do seu autor

Etimoloxía

Termo tomado do francés graphologie que é unha composición formada cos elementos grego grafo- ‘escribir’ e -loxia ‘estudo’.

Exemplos *

“Botando man da grafoloxía, os investigadores descubriron que algúns dos documentos atribuídos a María Antonieta, eran, en realidade, copias escritas polo propio aristócrata sueco.” (María Piñeiro: GCiencia, 7-11-2021)

“Eu lía con moita atención, varias veces, as súas cartas. Por elas aprendín a descifrar a personalidade de quen me escribe. Máis tarde, por razóns profesionais, estudiei grafoloxía, pero máis cós rasgos dos grafemas, a disposición dos espazos, as inflexións de tinta e outras características, aprendín a interpretar a personalidade que transmiten os textos.” (Xesús Manuel Valcárcel: O capitán lobo negro, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.