Cadea que pendura dunha viga ou elemento similar situado no alto da lareira, cun gancho na parte inferior para suxeitar o pote sobre o lume
Etimoloxía
Vocábulo que procede do francés crémaillère, onde esta lévanos ao francés antigo cremail e este kremastér ‘suspender’ ou ‘colgar’.
Exemplos *
“Era unha cociña terrea, cunha pequena lareira, sen gramalleira nin campá. Á parte dos tallos e da artesa, que servía de mesote, o único que había á vista era un pote revestido con dous dedos de socarrio e un trespés.” (Bieito Iglesias: Miss Ourense, 2016)
“Posto ó lume, pendurado da gramalleira, fervía un pote grande no cal daba voltas subindo e baixando un bo anaco de porco, facéndolle cortexo dúas cuncas de ervellas que lle debandaban ó redor cada vez máis inchadas.” (Manuel García Barros: Aventuras de Alberte Quiñoi, 2020)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


