gramática

Conxunto de regras que se deben seguir para falar e escribir correctamente unha lingua

Etimoloxía

Palabra que bebe da do latín grammatica ‘ciencia gramatical’ que ten como referente a do grego grammatiké ‘arte de ler e escribir’.

Exemplos *

“Datará de 1966 a Gramática elemental del gallego común,(...) de tantísima transcendencia para a cultura galega, dada a necesidade que había de poder contar cunha gramática seria, científica e que tocase de maneira extensa o estudo e funcionamento da lingua galega.” (Henrique Dacosta: Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético, 2020)

“A crítica definiu o traballo de Calero como unha “gramática-río” na que se abordan cuestións de léxico, normativa, historia da lingua, morfoloxía, fonética, dialectoloxía, sintaxe... En definitiva, un manual sobre a lingua galega como nunca antes houbera.” (Héctor Cajaraville: Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso, 2020)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.