Semente dos cereais / Froito, semente ou calquera outra parte pequena e arredondada de certas plantas
Etimoloxía
Palabra que tomamos do equivalente latino granum.
Exemplos *
“A dimensión e forma dos grans de café varían segundo as distintas variedades, terreos e tipos de cultivo. Sen embargo, como termo medio pódese dicir que teñen uns 10 milímetros de lonxitude, 6 ou 7 de largo e 3 ou 4 de groso.” (Antonio Novo Salgado: A barra por dentro. Manual completo do barman, 1998)
“Se che digo que podes cambiar un país pedindo tan só, un café, dirías que me falta un fervor. Ben, é certo que a simple vista non parece moi críbel que cuns cantos grans de café moídos poidas cambiar moito, mais si na forma na que o pides.” (Carlos Vieito: Nós diario, 12-7-2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


