granada

Froito da milgranda, de forma arredondada, casca dura dunha cor amarelada tirando a vermella, carne constituída por moitos grans de cor granate ou vermella escura, de sabor doce, que conteñen gran cantidade de zume

Etimoloxía

Palabra tomada do plural da latina malum granatum que significaba ‘mazá con grans’.

Exemplos *

“Mentres agardaban a súa vez, Santi curioseaba nos froitos típicos da época, laranxas, cabazos, castañas e granadas, que decoraban o posto con cores marróns, encarnadas e laranxas... Definitivamente, gustáballe o outono, cos magostos no monte, o olor das castañas asadas...” (Leticia Vila Sexto: Os tratantes de papagaios, 2010)

“Déronlle ao meniño parte dunha das granadas e o pequeno chuchou gorentoso o zume dela, refrescándose.” (Benardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.