granadillo

Árbore da familia das leguminosas orixinaria de zonas tropicais, con ramas espiñosas e madeira moi dura, pesada e escura

Etimoloxía

Denominación formada sobre o nome “granada”.

Exemplos *

“Esta é a viva imaxe, tallada en pau de granadillo, do Coruña, aquel viveiro que naufragou no sonado ciclón do ano vinte e seis. Tal o ves, en pequeno, así era o barco. Por detrás están os nomes dos tripulantes afogados.” (Xosé Neira Vilas: Galegos no Golfo de México, 1980)

“As baquetas son torneadas en buxo, granadillo, ou outra madeira dura, e cómpre que remate nunha pequena bóla que se apoia sobre o coiro. O tamboril en Galicia, a diferencia doutras zonas, é un clásico acompañante da gaita.” (Ana Sánchez Brunete e Enrique Montero Torreiro: Os instrumentos da música popular, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.