Bebida refrescante elaborada a partir do zume da granada
Etimoloxía
Palabra derivada sobre granada nome da froita ingrediente principal da bebida que procede da expresión latina malum granatum, ‘mazá de grans’.
Exemplos *
“E dende aquela, cando Sinbad baixa ó peirao i atopa pedindo esmola a un cego que fai as santas pelerinaxes, apártase con el, págalle un refresco de menta ou de granadina, ensamínao e cando sabe cal seña a meirande curiosidade que ten de entre tódalas diversiós da vida, Sinbad cóntalle como é.” (Álvaro Cunqueiro: Se o vello Sinbad volvese ás illas, 1961)
“Bebía un combinado de granadina, cofeábase contra Rótolo coa suavidade dun rabo de gato, notábase lixeira, levitante, descarnada de parte dos seus sesenta e seis quilos. E felicitábase polos esforzos que lle permitiran facerse cun peto prá viaxe.” (Bieito Iglesias Araúxo: A vida apoteósica, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.