Rocha magmática plutónica composta de cuarzo, feldespato e mica, lixeira, dura e compacta e da cal existen moitas variedades
Etimoloxía
Procede do italiano granito co significado semellante.
Exemplos *
“Unha mámoa, un castro, un cruceiro de granito de 1507 e un pazo eran outros puntos que non dexergaba pero que era capaz de atopar ás cegas.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas. A novela da santa compaña, 2010)
“Os artistas traballaban o granito, especialmente de Porriño, diante da ollada das xentes.” (Miguel Vázquez Freire: Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos / A canteira, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.