grao

Proximidade relativa de parentesco

Etimoloxía

Procede do latín gradus, -us, derivado do verbo gradi ‘andar’, que tiña o sentido de ‘paso’ e tamén o de ‘posición, grao dunha escala’.

Exemplos *

“… demostrara tan firme fidelidade ao seu recordo, que, para toda a familia, a expresión “noivo de Rita” non só non morrera con ela, senón que chegara a representar un grao especial e deferente de parentesco.” (Antonio Rodríguez Baixeiras: O rei dos ameneiros)

“… os irmáns adoptivos, que non teñen ningún grao de parentesco xenético, deberían presentar, segundo a hipótese xenética, o mesmo nivel de correspondencia nas súas orientacións sexuais que dúas persoas calquera …” (Daniel Soutullo: De Darwin ao ADN)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.