gratitude

Sentimento de estima por un favor ou servizo recibido e por considerarse obrigado a corresponder a quen o fixo

Etimoloxía

Voz que vén do latín gratitūdo que nos leva a gratus, -a, -um ‘agradable’.

Exemplos *

“Todos chegaron á casa e depositaron as cousas fronte á porta. Os homes, practicamente sen mediar palabra, volveron á taberna sen responder as palabras de gratitude que lles dedicou o mestre que, con Bautista, retornou ao peirao.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)

“Entenderán agora por que lle profeso a Alfonso Cabaleiro tal gratitude e afecto. A fin de contas é moi difícil atopar nos tempos que corren un home ao que o seu apelido lle sexa tan acaído.” (Xabier Fortes: De Luns a Venres, 22-2-2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.