gravación

Acto de gravar ou rexistrar sons nun disco, fita de magnetófono etc.

Etimoloxía

Chega desde o latín gravitio, –onis 'peso corporal'.

Exemplos *

"Informounos tamén de que empregaría gravacións, diapositivas e vídeos para apoiar as explicacións." (Xosé Cid Cabido: Días contados)

"Tampouco hai constancia de poemas escritos por ela, aínda que nunha das gravacións unha voz distinta afirma que todos os seus libros de poemas contaban con trinta e tres." (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.