gravado

Acción e arte de gravar, así como o procedemento utilizado / Debuxo ou figura obtidos por calquera dos procedementos para gravar

Etimoloxía

A palabra é o resultado da substantivación do participio pasado do verbo “gravar” que é un préstamo do francés graver de significado semellante.

Exemplos *

“Os monumentos megalíticos tiveron unha innegable función relixiosa de carácter funerario. E así, ás veces no interior das cámaras e os corredores aparecen gravados e pinturas xeométricas, coma os do dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños), Pedra Cuberta (Vimianzo) ou Raza das Modias (Lugo).” (Anxo Serafín Porto Ucha e Raquel Vázquez Ramil: Novas do Eixo Atlántico, 8-2015)

“Co gallo da inauguración no Museo Carlos Maside da "exposición de gravados de Picasso e Miró", García-Sabell pronuncia a conferencia " A pintura como comunicación ".” (Ramón López Vázquez: Domingo García-Sabell e a fenomenoloxía, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.