Expresión con que se agradece un favor ou atención
Etimoloxía
Expresión que bebe no termo latino gratiam cun significado semellante.
Exemplos *
“—Pois moitas grazas pola información, Héctor, quedamos en contacto. Para calquera cousa, chámeme a este número de teléfono —despediuse a xornalista axitada.” (Sara Alonso: Oito días sen Eva Cortes, 2021)
“—Díxome que che dixera que non che puido facer chulas de bacallau. Que se as queres que chas fai mañá para a cea. Que ó mediodía quere vir contigo e mais coa pícara á romaría do Santiaguiño. —Moitas grazas, Costa. —Xei, come tranquilo. E se algo precisas ou queres de min, xa sabes” (Anxo Angueira: Iria, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.