Secuencia de programas que unha emisora de radio ou televisión proxecta distribuír ao longo dun período determinado
Etimoloxía
Vén do termo latino craticula, -ae, diminutivo de cratis, -is ‘grade’.
Exemplos *
“A tal hora debería estar estomballado no cómodo sofá da miña sala, consultando a grella da televisión vía satélite.” (Bieito Iglesias: O mellor francés de Barcelona, 1999)
“...deseñada a marca e preparados os informes sobre produción externa e produción propia que comporían a grella de programación.” (X.C.: A Nosa Terra, 29-01-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.