Gromo desenvolvido do nabo, do que saen as flores.
Etimoloxía
Non se coñece a súa orixe.
Exemplos *
"Unha vez fixo unha descrición moi detallada do menú do Banquete Celestial, no que, segundo el, abundaba o lacón con grelos." (Manuel Rivas: ¿Que me queres, amor?)
"A primeiras horas da mañá do domingo de entroido, os lotes de grelos preséntanse ó concurso en cestas deseñadas artisticamente." (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, calendario e puntos de interese turístico)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.