gripallada

Afección gripal

Etimoloxía

Palabra creada por derivación sobre “gripe” que é un préstamo do francés grippe que desde a epidemia de 1743 internacionalizouse como termo médico.

Exemplos *

“...o que importa é que a vexa a familia e, sobre todo, que estea ben de saúde, que se cure desa gripallada, que foi a amolala xusto estes días aínda que lle deran antes a vacina.” (Santi Garrido: La Voz de Galicia, 27-12-2017)

“O deporte está sobrevalorado. Un ironman, que corre e nada veloz, resulta máis apreciado ca un doutor. Pensei neste asunto a última semana, de gripallada, acosado pola nostalxia.” (Xosé C. Caneiro: La Voz de Galicia, 18-1-2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.