Doenza infecciosa respiratoria, de orixe vírica, caracterizada por febre, tose, malestar, inflamación das mucosas respiratorias etc.
Etimoloxía
Préstamo do francés grippe co mesmo significado desde o século XVIII, con anterioridade indicaba 'capricho'.
Exemplos *
"Se aturara toda a noite os síntomas incipientes da gripe que algún seareiro lle traspasara mentres lle contaba a última traizón dun amigo íntimo, debíase á tranquilidade de saber que o día seguinte era festa para el." (Uxía Casal: Vidas exemplares)
"Non foi nada grave, unha pequena gripe, por estar moito ao sol, dixera a avoa." (Mario Regueira: L'affiche rouge)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.