groba

Camiño fondo e estreito entre montañas / Depresión fonda e estreita no terreo

Etimoloxía

A voz “groba” vén do latín vulgar *grovala, 'exploración mineira'.

Exemplos *

“Agora unhas boas carballeiras, xunto con grandes pés de érbedos, ocupan as terras que foron removidas para obter os minerais, formando altas grobas, montes de terra sen moita orde nin concerto, polas que camiñar é un goce.” (Adela Leiro, Xoán Colazo e Mon Daporta: Sermos Galiza, 12-6-2014)

“Os ríos discorren entre elevadas montañas que semellan aprisionalos, ábrense entre estreitas grobas unhas veces, mentres que outras o fan por rápidas baixadas e augas burbullentas.” (Xosé Luís Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.