Porción pequena dun líquido ou bebida que se bebe dunha vez
Etimoloxía
Vocábulo que nos leva ao latín gula ‘gorxa’
Exemplos *
“...pero quen pode dar creto a estes ruxerruxes que se espallan tan doadamente? —opinaba un seareiro do Celta— o outro antonte, pegado á barra do bar da Casa Cachín, alternando a parola cos grolos dunha cunca arrefría de godello que empinaba a cada panca.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, 2013)
“Entra na cociña. Enche un vaso e volve ao salón. Claudia bebe a grolos pequenos. Cando remata ten os beizos mollados e brillantes.” (Diego Ameixeiras: Matarte lentamente, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


