Letra, carácter de maior grosor, que se utiliza para destacar.
Etimoloxía
Tomouse do latín grossus, -a, -um, que se podía referir ao grosor ou á espesura.
Exemplos *
"… tería aberta unha ficha, encabezada en grosas letras vermellas coa palabra sospeitoso e embaixo, entre parénteses, "mercenario"." (F.X. Fernández Naval: O bosque das antas)
"A mañá do venres nove de xuño aparecera na terceira páxina do xornal da cidade un anuncio en letras grosas …" (Paco Martín: Das cousas de Ramón Lamote)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


