Terreo baixo moi húmido, xeralmente anegado no inverno, onde se forma lama, e resulta pouco produtivo
Etimoloxía
Este vocábulo garda relación coa palabra “gruta” que procede do latín vulgar *cruptam que remite ao clásico crypta ‘lugar subterráneo’.
Exemplos *
“Hoxe que se atopa perdido entre o pasado e o porvir sen unha luz que esperte no seu pensamento a máis cativa lembranza do pasado, sen un ramalliño sinxelo da arbore a esperanza que lle axude a salvar os grotos e lameiras que se lle atravesan no enmarañado carreiriño do porvir.” (Ricardo Frade Giráldez: O rei da carballeira, 1917)
“Pro esquecíase de que pra chegar por alí ó regueiro había que pasar un groto, que por tempo seco dábase pasado, onde coas chuvias avivecía de tal xeito , que o gando enterrábase ata as illargas e a xente ata arriba dos nortellos.” (Manuel García Barros: As aventuras de Alberte Quiñoi, 1972)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.