Porción de pelo que se separa ou se distingue do conxunto do que forma parte
Etimoloxía
Palabra que se relaciona coa latina viticulam ‘pelo enredado’.
Exemplos *
“Desde alí observou no espello os alborotados guechos brancos das tempas, que tentou peitear inutilmente coa palma da man.” (Antonio Manuel Fraga: A virxe das areas, 2017)
“O sol da mañá quentaba a pel da muller, que miraba o mar sentada nun banco de pedra. Pareceume vella, Xacinta, de mil anos ou máis. Tiña o cabelo branco recollido, e algúns guechos caíanlle por enriba dos ombros.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.