guedella

Porción de pelo longo

Etimoloxía

Palabra que bebe da latina viticula ‘poliñas enredadas’.

Exemplos *

“Un refacho de brisa fixo voar o recorte do xornal, que deu reviravoltas sobre a area. (...) Unha guedella descolgouse da súa coleta e metéuselle diante dos ollos.” (Ledicia Costas: Neve detrás do cristal, 2016)

“Mirouse no espello e descubriu a desfeita que fixera no pelo. (...) Non sabía por que tiña o cabelo así, aínda que non tardou en atopar as guedellas negras ciscadas por toda a casa e mais varios botes de auga osixenada no baño.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.