guerra

Calquera tipo de loita ou disputa entre persoas ou animais.

Etimoloxía

Esta forma procede do xermánico werra ‘pelexa’.

Exemplos *

“A min non me gusta xogar ao fútbol nin ao frontón. [...] Polas noites, cando todos dormen, érgome e vou aos lavabos e xogo á guerra.” (Carlos Casares: Vento ferido)

“As moscas soben, [...] pero eu doulles para abaixo cunha palliña e afogan. É a guerra. É o xogo da guerra” (Carlos Casares: Vento ferido)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.