Barrio de certas cidades onde os xudeus eran obrigados a vivir.
Etimoloxía
Tomouse esta voz do italiano guetto.
Exemplos *
“… entre 5,6 e 5,9 millóns de xudeus mortos nos guetos e campos de concentración do réxime nazi, nunha política destinada a acabar co xudaísmo europeo cun plan coñecido como a Solución Final.” (Galicia Hoxe 22-04-2009)
“… poucas son as pegadas que seguen evidenciando na vila de Alarico os sinais de identidade do pobo máis perseguido, e máis persistente nos seus costumes, da humanidade. […] en contraste cos importantes guetos do sur da península e de levante.” (Xosé Antonio Neira Cruz: Galicia Internacional 05-1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.