Peza da bicicleta ou da moto, situada na parte dianteira, na que se apoian as mans para guiar.
Etimoloxía
Palabra formada sobre o verbo guiar que viña do gótico *widan 'xuntarse'
Exemplos *
"Apeeime, collín o guiador e botei a andar penosamente, levando a bicicleta pola man." (Miguel Anxo Murado: Mércores de cinza)
"Ademais, é que os obxectos, aqueles con posibilidade de converterse en arte, poden estar xa presentes, como no caso do asento e o guiador de bicicleta que Picasso, ao combinalos, converteu nunha "Cabeza de touro". (Fidel Vidal: Arte na esquizofrenia e outros excesos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


