guinda

Froito da guindeira, moi parecido á cereixa, pero de sabor máis amargo e de cor vermella escura

Etimoloxía

Palabra de orixe incerta.

Exemplos *

“Preparar en copa alta de xeado: chocolate quente ata as tres cuartas partes da capacidade da mesma, unha bóla de vainilla, nata montada, unha guinda verde.” (Antonio Novo Salgado: A barra por dentro. Manual completo do barman, 1998)

“As guindas abondan pouco e a penas se manxan frescas, empregándoas pra faguer augardente, doce e compota, do mesmo xeito que coas cereixas.” (Xaquín Lorenzo Fernández: Etnografía: cultura material. Historia de Galiza, 1962)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.