guión

Texto que contén o desenvolvemento dunha película

Etimoloxía

Palabra derivada de “guía” e esta de “guiar” que procede do gótico *widan ‘xuntarse’.

Exemplos *

“Carlos Seoane sentíase incómodo aquela noite. A súa non era unha incomodidade profesional, malia o picor da maquillaxe. Usaba o guión cando Ramiro, o realizador, o avisaba de que ficara fóra de plano.” (Jaureguizar: As horas sucias, 2001)

“Faltou a voz do director ordenando cortar a secuencia, non repetir, quitala do guión.” (Xosé Perozo: Martázul, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.