Converter unha obra en guión televisivo ou cinematográfico
Etimoloxía
Voz creada ao redor de “guión” e este lévanos a “guía” que remite ao gótico *widan 'xuntar'.
Exemplos *
“Para celebrar o 70 aniversario do artista, a BBC estreaba o pasado mes de xaneiro o filme dirixido, producido e guionizado por Francis Whately, realizador inglés de ampla traxectoria no eido documental.” (Yolanda López: Tempos Novos, nº 28, 4-2017)
“Un libreto que guioniza o que puido pasar para que o xeneral Dietrich von Choltitz desobedecese unha orde directa de Hitler que consistía en destruír todos monumentos máis emblemáticos de París detonando os centos de toneladas que tiñan distribuídas ao longo da cidade da luz.” (Andrés Castro García: Sermos Galiza, 12-3-2015)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


