gulapo

Cantidade pequena dun líquido ou bebida que se bebe dunha vez

Etimoloxía

Termo asociado coa voz latina gulam ‘gorxa’.

Exemplos *

“Hoxe rebaixáronse moito esas bromas se matinamos en que nas aldeas os máis argalleiros, unhas veces, botaban picante nos doces e, outras, eran eles os que ao beber dun gulapo unha xerra de viño, a sorpresa estaba no fondo en forma dun rato.” (Pedro Rielo: Galicia Hoxe, 4-2-2005)

“Meteu a cabeza na auga e bebeu a gulapos. Meteu ó mesmo tempo os brazos ata os cóbados. A auga fría sobre as feridas produciulle unha momentánea sensación de dor punxente que desapareceu ó pouco tempo.” (Carlos Vila Sexto: Cara a fin da luz, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.