gurgullo

Lugar onde nace a auga facendo gurgullas

Etimoloxía

Voz que se relaciona con “gurgulla” que, á vez, garda relación con “burbulla” que vén do latín bulla 'burbulla', con reduplicación.

Exemplos *

“O muíño era un lugar máxico. Podiamos pasar unha eternidade hipnotizadas polo movemento da quenlla e da moa, mentres chegaba o gurgullo da auga polas orellas do chan.” (Manuel Rivas: En salvaxe compaña, 1993)

“O río que no inverno soa intenso, harmónico no golfarón do seu descenso montaña abaixo, dende o gurgullo no que nace, borboriño de líquido caendo, caendo, como unha tea de auga habitando a pel da terra.” (Xosé Carlos Caneiro: Ébora, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.