gurrucho

Porción pequena dun líquido ou bebida que se toma dunha vez

Etimoloxía

Palabra de orixe incerta.

Exemplos *

“A ver, ti, bótame outro gurrucho de viño. Daquela recachei por primeira vez. Aínda non fixera catorce anos.” (Xosé Neira Vilas: Encrucilladas, 2014)

“Maribel ficou en silencio. O último gurrucho de viño bailaba no fondo da copa que sostiña a súa man.” (Xosé Monteagudo: Todo canto fomos, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.