hábitat

Dominio xeográfico propio para a vida dunha determinada especie

Etimoloxía

Substantivación da terceira persoa do presente de indicativo do verbo latino habitare ‘habitar’ ou ‘morar’.

Exemplos *

“... en determinados momentos, estacional ou anualmente, o arroaz e a toniña poden competir polos recursos e o hábitat nas augas da plataforma galaico-portuguesa.” (Paula Méndez, José A.M. Cedeira, Marisa Ferreira e Alfredo López: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 01-2014)

“O veterinario explicoulles que os paxaros que se encontraban en bo estado serían trasladados de inmediato, de volta ao seu hábitat.” (Leticia Vila Sexto: Os tratantes de papagaios, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.