halo

Círculo luminoso que se aprecia arredor de certos corpos celestes cando se dan determinadas circunstancias meteorolóxicas

Etimoloxía

Termo que vén desde do latín halos ‘disco’, e este do grego hálōs que significaba ‘eira redonda’

Exemplos *

“Anacos de xeo glacial sobre a area negra relocen na luz dunha Lúa case chea arrodeada por un halo brillante.” (Dosi Veiga: GCiencia, O portal da ciencia galega, 2-2015)

“Paraselene. Fenómeno óptico en forma de mancha brillante, situado na intersección do halo lunar cunha franxa luminosa horizontal ou vertical. É producido por reflexión da luz lunar ó atravesa-los cristais de xeo dos cirroestratos.” (Xoán Castro Devesa: A meteoroloxía e os incendios forestais, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.