helio

Elemento químico, da familia dos gases nobres, moi lixeiro e non inflamable, que é moi pouco abundante no aire, aínda que abundante no universo. O seu símbolo é He.

Etimoloxía

Tomouse do latín helium, adaptación do grego helios 'Sol'.

Exemplos *

"Incluso cultivo o divertimento de lanzar ás alturas, en canto hai ocasión de facelo, eses globiños cheos de helio que venden nas feiras." (Ramón Loureiro: O corazón portugués)

"Logo dun tempo de varios centos de miles de anos, ou uns poucos millóns, comezarán as reaccións termonucleares dos núcleos de átomos de hidróxeno fusionándose para formaren núcleos de helio." (Alberto Cifuentes: O Correo Galego 27-11-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.