Teoría que considera que a Terra e os planetas xiran arredor do Sol e que este se atopa no centro do Universo
Etimoloxía
Voz que se forma coas seguintes partículas helio-‘sol’, centro e -ismo 'sistema onde o centro é o sol'.
Exemplos *
“Se falamos de Galileo, en referencia á súa idea sobre o heliocentrismo, é porque foi rexeitada completamente polo poder establecido.” (Xaquín Penas Patiño: A arca de Noé. Elementos de Oceanografía e Bioloxía mariña, 2006)
“Outro tanto habería que esperar ata que Isaac Newton (1642-1727) achegase unha explicación satisfactoria das leis de Kepler, mediante a súa coñecidísima lei da gravitación universal; pero, aínda moitos máis, ata que o heliocentrismo e a física newtoniana foron plenamente aceptados por toda a comunidade científica.” (Ramón Vilalta López: Astronomía práctica e outros cousas, 1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.