helmo

Parte da armadura que usaban os guerreiros antigos para protexer a cabeza e o rostro.

Etimoloxía

Tomouse da denominación xermánica desta peza, helm.

Exemplos *

"Os seus marabillados ollos esforzábanse en aprehender aquel mosaico de helmos e penachos, de lorigas e cotas de malla, de escudeiros que entrechocaban armas …" (María Gándara: Magog)

"Aqueles tres xinetes de helmos revirados polos impactos das béstas xurdiron de entre a espesura." (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.