hemeroteca

Colección de xornais e revistas ordenada e á disposición dos lectores.

Etimoloxía

Formouse cos elementos gregos hemero 'día' e teke 'caixa', 'depósito'.

Exemplos *

"Tiña xa un novo nome, Carlos Franco, do que sabía por noticias relacionadas cos polígonos de vivendas, non lembraba cales, xa tería tempo para furgar na hemeroteca e na páxina web." (Manuel Portas: Denso recendo a salgado)

"… vas querer buscar outra información, que é máis antiga e non vai estar informatizada… baixas á hemeroteca e dislle a Ubaldo que che bote unha man." (Marilar Aleixandre: A compañía clandestina de contrapublicidade)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.