
(Hypericum perforatum) Planta da familia das hipericáceas, perenne, erecta, de caule de ata un metro de altura con moitas pólas, follas ovadas ou lineais e flores amarelas con manchas negras.
Etimoloxía
Para esta denominación tomáronse dúas palabras con raíz latina, herba, que xa tiña esta forma no latín, e ferida, procedente do verbo ferire ‘golpear’.
Exemplos *
“A nai coñecía as herbas para sandar: a herba da sarna, a herba das feridas, a herba das almorrás, a valeriana…” (Mª Xosé Queizán: O solpor da cupletista)
“… todo tipo de plantas, algunhas das cales teñen aplicacións curativas como a herba de San Xoán, chamada tamén herba das feridas …” (Albino Mallo: O Correo Galego 12-05-1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.